Fundación SGAE convoca textos teatrais en galego para lecturas dramatizadas en 2018
Co impulso do Consello Territorial da SGAE en Galicia, esta actividade ten o obxectivo de estimular a creación teatral en galego

A Fundación SGAE, a través do Consello Territorial da SGAE en Galicia, pon en marcha unha nova edición do ciclo de lecturas dramatizadas TEXTOS TEATRAIS EN GALEGO, co obxectivo de impulsar e apoiar a creación de obras dramáticas de autores socios da SGAE na Comunidade galega.

Este programa quere promocionar a difusión de textos inéditos, contribuíndo a posibles producións escénicas. Se es autor ou autora de obra teatral, convidámoste a participar enviándonos os teus orixinais. Unha vez se realice o protocolo de selección, elixiranse textos dramáticos para levar a cabo a súa representación no ciclo de lecturas dramatizadas impulsado pola Fundación SGAE este 2018. O número de textos seleccionados virá determinado polo orzamento máximo asignado polo Consello Territorial de SGAE Galicia.

Máis información e inscrición