Soundie 2018
O certame, cuxo prazo de inscrición remata o 8 de outubro, premia a calidade dos videoclips musicais

Xa está aberta a convocatoria de Soundie Music Video Awards 2018, terceira edición do concurso internacional de videoclips de Barcelona, que organiza La Cúpula Music e que premiará a calidade dos vídeos musicais nacionais e internacionais.

A convocatoria está dirixida a realizadores e produtores de videoclips, compañías discográficas e artistas independentes que gravaran algunha canción en formato audiovisual, sempre que non exceda os 9 minutos de duración. O prazo de inscrición remata o 8 de outubro.

Un xurado profesional será o encargado de definir aos gañadores (agás o Premio de votación popular) nunha gala que terá lugar o 10 de novembro de 2018 en L’Antiga Fàbrica Estrella Damm. O certame, dotado cunha cantidade de 13.000 euros, premia con 6.000  en metálico e 7.000 euros en servizos para as producións audiovisuais.

As obras preseleccionadas a concurso daranse a coñecer a partir do 24 de outubro na páxina web do festival.

Máis información e inscrición