Premio de curtametraxes '16Kms en corto'
Os interesados poderán enviar ata tres curtametraxes antes do 31 de xullo de 2018

Fundación Voces e o III Festival Internacional de Cine Cañada Real, en colaboración coa Fundación SGAE, convocan a primeira edición do premio 16Kms en corto co obxectivo de promover o cine creado en contextos sociais, económicos e culturales que están voluntaria ou involuntariamente lonxe dos focos de creación dominantes.

A convocatoria está aberta a tódolos socios e socias da SGAE de calquera nacionalidade e idade. Cada autor poderá presentar ata un máximo de tres curtametraxes de calquera xénero, sempre que estean vinculados á temática social.

O prazo da convocatoria está aberto ata o 31 de xullo de 2018.

Os traballos que forman parte desta actividade inspíranse en realidades cercanas a persoas e colectivos en risco de exclusión social e económica e, xa que logo, completamente desvinculados dos centros de decisión hexemónicos, que tratan de conformar unha cultura uniforme. Realizadas con medios moi modestos, estas creacións non renuncian a chegar ao gran público, pero teñen dificultades de acceso aos circuítos de distribución de películas máis comerciais e, por tanto, resúltalles complicado chegar a grandes audiencias.

Un xurado, composto por profesionais do medio cinematográfico, artistas e cineastas de prestixio, elixirá a obra gañadora do Premio do Xurado, consistente na cantidade de 3.000 euros, impostos incluídos. Así mesmo, o público asistente ao festival elixirá, mediante votación secreta, a curtametraxe que recibirá o Premio do Público, consistente na cantidade de 1.000 euros, impostos incluídos.

Ademais, as obras finalistas cuxos directores sean socios/as da SGAE proxectaranse na Sala Berlanga da Fundación SGAE de Madrid, en data por determinar, unha vez rematado o festival.

Descarga as bases