A Fundación SGAE abre a convocatoria dos seus Laboratorios de Creación 2019-2020 16/out/2019
O prazo de presentación remata o 14 de novembro de 2019

A Fundación SGAE abriu a convocatoria dos Laboratorios de Escritura Teatral, Creación de Series de Televisión e Escritura de Guión Cinematográfico, na súa edición 2019-2020. Dirixida aos socios e as socias da SGAE, o obxectivo desta iniciativa é fomentar a escritura, promover a creación e brindar apoio aos autores e as autoras.

VIII Laboratorio de Escritura Teatral

Aqueles autores e autoras, socios/as da SGAE, interesados/as en participar no VIII Laboratorio de Escritura Teatral deberán presentar un proxecto de obra dramática, de autoría única ou en colaboración con outros/as autores/as, en calquera lingua oficial do Estado español, a través do correo electrónico: formacion@fundacionsgae.org

Un xurado composto por profesionais das Artes Escénicas e presidido polo/a director/a do VIII Laboratorio de Escritura Teatral seleccionará un máximo de seis das propostas presentadas, nas que se traballará dende xaneiro a xuño de 2020 en Madrid.

A Fundación SGAE, que dará a coñecer a resolución en xaneiro de 2020, dotará con 5.500 euros (impostos incluídos) a cada un dos autores seleccionados e publicará as obras resultantes.

VIII Laboratorio de Escritura de Guión de Cine

No que respecta ao VIII Laboratorio de Escritura de Guión de Cine, os socios e as socias interesados/as poderán presentar un único proxecto de escritura de guión de longametraxe para cine, de autoría única ou en colaboración con outros autores, en calquera lingua oficial do Estado español, a través do correo electrónico: audiovisuales@fundacionsgae.org. O proxecto incluirá unha sinopse e un tratamento cunha extensión recomendada de 20 folios, aproximadamente.

Un xurado, composto por profesionais do sector audiovisual e presidido polo/a directora/a do VIII Laboratorio, seleccionará ata seis proxectos que se desenvolverán dende o vindeiro mes de xaneiro ata xuño de 2020 en Madrid.

A Fundación SGAE, que anunciará os resultados da convocatoria en xaneiro de 2019, dotará de 5.500 euros (impostos incluídos) a cada un dos/as autores/as finalistas.

VII Laboratorio de Creación de Series de Televisión

Tamén se abre o prazo do VII Laboratorio de Creación de Series de Televisión. Os membros da entidade que queiran participar deberán presentar un único proxecto de serie de televisión, de autoría única ou en colaboración con outros autores, en calquera lingua oficial do Estado español, a través do correo electrónico: audiovisuales@fundacionsgae.org

Un tribunal, formado por profesionais do sector e encabezado polo/a directora/a do VII Laboratorio encargarase de elixir ata seis proxectos que se porán en práctica dende o mes de xaneiro ata o mes de xuño de 2020 en Madrid.

A Fundación SGAE, que dará a coñecer a decisión do xurado en xaneiro de 2020, dotará de 5.500 euros (impostos incluídos) a cada un dos autores finalistas.

Máis información e bases