Programación do Festival Internacional de Títeres ‘Galicreques 2019’ na Fundación SGAE 10/out/2019
Esta festa anual das artes escénicas celébrase do 12 ao 20 de outubro en Santiago de Compostela

A sede dos autores en Galicia acolle 12 funcións de 6 compañías teatrais e dous obradoiros especializados

O Festival Internacional de Títeres Galicreques chega á súa 24ª edición en Santiago de Compostela e a sede galega da Fundación SGAE volve ser un dos seus recintos fundamentais. Entre os días 12 e 20 de outubro, a cidade acollerá multitude de propostas de artes escénicas para un público familiar. Pola súa banda, a Fundación SGAE integraraa na súa programación habitual dos ciclos Escena en Familia e Escena con Clase, que dende 2008 fomentan o achegamento de novos públicos á cultura escénica.

A sede galega dos autores albergará estes días 12 funcións de 6 espectáculos distintos, ademais de dous obradoiros de formación. Deseguido, a axenda de Galicreques 2019 na Fundación SGAE de Santiago de Compostela:

Espectáculos

Blancanieves, de Tropos Teatro (Madrid)

Esta Brancaneves non sabe de tarefas domésticas, pero si deseñar unha páxina web. Tampouco vai bicar ningunha rá, por moi príncipe que sexa, porque non quere casar.
Sábado 12 (18:00 h.), domingo 13 (12:30 h.) e luns 14 (10:30 h.)

A carteira de Augasclaras, de Títeres Brincadeira (Galicia)

A carteira do pueblo reparte correspondencia dunha tartaruga, unha elefanta e unha moza que narran as súas experiencias cunha mensaxe de reivindicación persoal e igualdade.
Martes 15 (10:30 h.)

Cincenta, de Danthea Teatro (Galicia)

O zapateiro real recibe tódolos días calzado das persoas máis sobranceiras do reino. Un día chega ás súas mans un pequeno zapato de cristal cunha fantástica historia; pertence a Cincenta.
Mércores 16 (10:30 h.)

La Caperucita, de Tres Tigres Teatro (Arxentina)

A mamá de Carapuchiña pídelle que vaia á casa da súa avóa… Pero o lobo Juan, no canto de devorala, acaba facéndose bo amigo das dúas.
Xoves 17 (10:30 h.)

Los músicos de Bremen, de Títeres La Estrella (Comunidade Valenciana)

Cuatro animales se escapan de sus dueños, se hacen amigos y forman juntos una banda de rock. Pero, de pronto, estalla una tormenta y tendrán que buscar refugio.
Viernes 18 (10:30 h.)

Viaje a la Luna, de Triestitelles (Comunidad Valenciana).

Adaptación ao teatro de monicreques de Voyage dans a lune (Georges Méliès, 1902), a primeira película de ciencia ficción da historia, que conta a chegada do home á Lúa.
Sábado 19 (12:30 h.; 17:30 h.; e 18:30 h.) e domingo 20 (12:30 h. e 13:30 h.)

Axenda completa de espectáculos de Galicreques 2019

Obradoiros

Teatro en miniatura, por Yanita Pérez (Teatro de Títeres Piedra Libre).

Os participantes construirán, a partir da experimentación con materiais e procedementos escénicos, a súa propia poética nun prototipo de teatro en miniatura.
Duración: 16 horas
Datas: 14 a 17 de outubro
Horario: 10:00 h a 14:00 h

El cuerpo dramático: mimo y figuras corporales, por Inés Pasic (Teatro Hugo e Inés; Gaia Teatro).

Despois de moitos anos de investigación, actividade teatral e pedagóxica no eido da expresión corporal, traballaranse aquí exercicios de mimo e construción de personaxe sen palabras, entre outros temas.
Duración: 9 horas
Datas: 15 a 17 de outubro
Horario: 16:00 h a 18:45 h

Máis información sobre os obradoiros de Galicreques 2019