Fundación SGAE apoia ‘Cantos na Maré 2019’, cumio musical da lusofonía 10/set/2019
Pontevedra acolle o festival entre os días 13 e 15 de setembro

Participan artistas como Mayra Andrade, Clara Peya, Maria João & Pablo Lapidusas ou o espectáculo ‘Enredadas’, con Carmen París, Martirio, Ugia Pedreira e Uxía

O festival Cantos na Maré, con dirección artística da nosa socia e autora Uxía Senlle, celebrará en Pontevedra a súa décimo quinta edición. Entre o 13 e o 15 de setembro, diversos recintos da cidade acollerán a autores e artistas chegados a Galicia de diferentes países e unidos pola lusofonía. Fundación SGAE, a iniciativa do Consello Territorial da SGAE nesta Comunidade, apoia o evento.

Cantos na Maré 2019 inclúe na súa programación o espectáculo Enredadas, protagonizado polas catro voces de Carmen París, Martirio, Ugia Pedreira e Uxía co acompañamento musical de Marcos Teira e Sérgio Tannus. Este concerto coral, que fora ensaiado na sede da Fundación SGAE en Santiago de Compostela, celebrarase o domingo,15 de setembro, no Pazo da Cultura de Pontevedra. O mesmo recinto recibirá un día antes á estrela caboverdiana Mayra Andrade.

Pola súa banda, o Teatro Principal será escenario dos concertos da catalá Clara Peya e do dúo portugués-brasileiro de Maria João & Pablo Lapidusas, ámbolos dous o domingo. A programación do festival complétase con múltiples recitais e actividades na Praza da Pedreira e outros recintos pontevedreses.

Preme aquí para máis información