'IN-EDIT SHORTS':concurso de Curtametraxes Documentais Musicais
O prazo para participar en In-Edit Shorts remata o 31 de agosto de 2018

A Fundación SGAE colabora con In-Edit, unha rede internacional de festivais de cine documental musical, na celebración de In-Edit Shorts: concurso de Curtametraxes Documentais Musicais. In-Edit Shorts ofrece aos talentos novos (ata 30 anos) axuda económica e visibilidad das súas creacións a través de premios, abríndolles unha ventá de exhibición no festival de cine con máis público de Barcelona.

In-Edit Shorts busca detectar nova autoría, potenciar a visibilidade do xénero a través do talento novo, explorar formatos audiovisuais emerxentes no formato curto e documentar, dende a visión das novas xeracións, a música e a vida que nos arrodea. Para explorar mellor estes obxectivos, a convocatoria In-Edit Shorts leva un camiño paralelo á oficial do certame, con dinámica, gala e premios propios, aínda que sempre en estreita relación co Festival In-Edit.

O prazo para participar en In-Edit Shorts remata o 31 de agosto de 2018. O Festival de Barcelona chegará á súa 16ª edición do 25 de outubro ao 4 de novembro de 2018.

Máis información e incrición