A SGAE reivindica o valor da propiedade intelectual como motor económico da sociedade 26/abr/2019

26 de abril:Día Mundial da Propiedade Intelectual

A cultura supón o 3,7% do emprego en España e unha achega do 3,3% ao PIB, segundo datos do Ministerio de Cultura

As actividades vinculadas con este sector teñen unha magnitude similar ao xerado por agricultura, gandería e pesca

Co gallo da celebración do Día Mundial da Propiedade Intelectual, que se conmemora anualmente cada 26 de abril, a Sociedade Xeral de Autores e Editores (SGAE) reivindica o valor da propiedade intelectual como xerador de emprego e riqueza. Ademais, avoga por transmitir á cidadanía a importancia da cultura como ferramenta de transformación social e como industria que contribúe ao crecemento do país. A entidade salienta, así mesmo, que a creación é fundamental para o óptimo desenvolvemento da sociedade, fomenta o diálogo e impulsa unha cidadanía máis crítica; valores sobre os que se asenta unha democracia.

Aproveitando a efeméride do Día Mundial da Propiedade Intelectual, a SGAE subliña a relevancia económica da cultura en España: unha actividade que supón o 3,7% do emprego no país (687.200 persoas), segundo datos do Anuario de Estatísticas Culturais 2018 do Ministerio de Cultura. A achega do sector cultural ao PIB español cifrouse no 2,5%, ascendendo ao 3,3% en caso de considerarse o conxunto de áreas vinculadas á propiedade intelectual. Son cifras similares ao PIB xerado polo sector da agricultura, gandería e pesca, que suma un 3%.

120 anos en defensa dos dereitos dos autores

Esta efeméride serve para salientar a plena vixencia do obxectivo fundacional da SGAE, unha institución creada hai 120 amos para que os autores puideran vivir dignamente do seu traballo creativo. Na actualidade, a Sociedade de Autores e Editores conta con máis de 127.000 socios: Compositores, letristas, autores dramáticos, coreógrafos, guionistas, directores audiovisuais e editores conforman a “familia autoral”.

Un prazo de 2 anos para trasladar a directiva ao ordenamento xurídico nacional

A SGAE salienta tamén o importante fito conseguido recentemente en materia lexislativa: a aprobación da nova Directiva sobre Dereitos de Autor. Unha reforma esencial para o progreso da creación autoral porque, grazas ao novo texto, os creadores recibirán unha compensación proporcional polos contidos que se ofrecen nas plataformas dixitais. Ademais, para os usuarios suporá unha maior transparencia e seguridade xurídica. Os países membros da Unión Europea teñen agora un prazo de dous anos para transpoñer a norma aos seus ordenamentos xurídicos.

Que é a propiedade intelectual?