Finalistas da XXII edición dos Premios Max das Artes Escénicas 02/abr/2019
A galega Ana Vallés, fundadora de Matarile Teatro, é finalista a Mellor Dirección de Escena

A gala terá lugar o vindeiro 20 de maio no Teatro Calderón de Valladolid

O comité organizador dos Premios Max das Artes Escénicas dá a coñecer hoxe, 2 de abril, mediante este comunicado, os finalistas das 19 categorías a concurso da XXII edición destes galardóns, organizados pola Fundación SGAE co propósito de recoñecer o talento dos profesionais do Teatro e a Danza en España e a promoción dos espectáculos da temporada.

Dos 358 espectáculos inscritos nesta edición, 119 resultaron candidatos, dos cales 35 espectáculos chegaron á última fase, congregando un total de 57 finalistas. Entre eles está a autora, directora e actriz galega Ana Vallés, candidata a Mellor Dirección de Escena polo seu traballo en Circo de pulgas , da compaía Matarile Teatro (que ela mesma fundou en 1986). O seu talento compite co doutros dous grandes profesionais de recoñecido prestixio: Xavier Albertí (por Temps Salvatje) e Sílvia Munt (por La resposta).

Os gañadores da XXII edición dos Premios Max das Artes Escénicas daranse a coñecer o vindeiro 20 de maio na gala que se celebrará no Teatro Calderón de Valladolid. Ademais das 19 candidaturas a concurso concédense 3 premios especiais: o Premio Max de Honor, que distinguirá a traxectoria dunha persona pola su achega, entrega e defensa das Artes Escénicas, o Premio Max Afeccionado ou de Carácter Social, que engloba proxectos a favor da integración e a proxección social e a compañías afeccionadas cunha achega sobranceira ás Artes Escénicas, e o Premio Max do Público, que se concederá ao espectáculo que acade maior número de votos do público a través da web e a aplicación VotaMax. Este ano, os Premios Max contan coa colaboración do Ayuntamiento de Valladolid e a Fundación de Universidades y Enseñanzas Superiores de la Junta de Castilla y León.

Organizados pola Fundación SGAE dende 1998, os Premios Max, cuxo galardón foi deseñado polo poeta e artista plástico Joan Brossa (Barcelona, 1919-1998), impulsor dun dos colectivos renovadores do arte español de posguerra, consolidáronse ao longo destes anos como o recoñecemento máis amplo no ámbito das artes escénicas no Estado español.

Listaxe de finalistas