Seleccionados os 22 autores dos Laboratorios de Creación 23/xan/2019
Participarán nas disciplinas de creación teatral, guión de cine e creación de series de televisión

Ángeles Huerta ("Esquece Monelos") e Daniel D. García ("Terra de Miranda", "Matalobos") traballarán nun guión baixo a supervisión de Inés París<

Un total de 22 autores foron seleccionados para participar na edición de 2019 dos Laboratorios de Creación da Fundación SGAE, unha iniciativa que a institución desenvolve dende o ano 2013 co propósito de promover a creación e impulsar as experiencias colaborativas e o intercambio de ideas entre os creadores contemporáneos.

Entre os traballos elixidos para o Laboratorio de Escritura de Guión de Cine está O corpo aberto, un texto asinado por Ángeles Huerta (Xixón, 1974), directora do documental Esquece Monelos, e Daniel D. García (Tui, 1981), con experiencia en teleseries galegas como Terra de Miranda, Matalobos, As leis de Celavella ou Padre Casares. Neste proxecto conxunto, os autores toman como punto de partida o relato Lobosandaus, de Xosé Luís Méndez Ferrín, para tecer un western gótico ambientado na fronteira entre Ourense e Portugal. Serán tutelados neste laboratorio pola cineasta Inés París.

Dirixidos aos socios e as socias de SGAE, os Laboratorios de Creación da Fundación SGAE ofrecen aos seleccionados a posibilidade de desenvolver os seus textos ao longo de seis meses. Durante o proceso, realízanse reunións de traballo colectivo entre os autores e un director/a de recoñecido prestixio profesional para a posta en común das súas obras. Ademais, a entidade dota a cada un dos autores cunha axuda económica de 5.500 euros.

En concreto, as autoras seleccionadas para o VII Laboratorio de Escritura Teatral son: Mar Gómez(Madrid, 1977) por Tetas; Carolina África (Madrid, 1980) por El cuaderno de Pitágoras; Denise Duncan (Costa Rica, 1979) por Banzo; Carmen Soler (Teruel, 1972) por Mosaika; Victoria Szpunberg(Bos Aires, 1973) por La teva filla; e Nieves Rodríguez Rodríguez (Madrid, 1983) por Cráneo rojo sobre fondo de sueño.

>O dramaturgo e Premio Max de Honor 2018 José Sanchis Sinisterradirixirá este laboratorio, que terá lugar na sede da Fundación SGAE en Madrid. O xurado, presidido por Sanchis e composto polos dramaturgos Claudia Cedó, Esteve Soler, Yolanda Pallín e Manuel Benito, seleccionou a estas autoras despois de analizar un total de 191 proxectos orixinais. Ademais, a entidade publicará as obras resultantes nun volume único pertencente á colección Teatroautor .

Pola súa banda, os autores que tomarán parte no VII Laboratorio de Escritura de Guión de Cine son:Miguel Ángel Blanca (Sabadell, 1982) por Un hombre solo; Jordi Farga (Xerona, 1983) e Nacho Solana (Pittsburgh, Estados Unidos, 1982) por Eco; Ángeles Huerta (Xixón, 1974) e Daniel Domínguez García (Tui, 1981) por O corpo aberto; David Pérez (Bilbao, 1987) e Pablo Bartolomé Jiménez (Madrid, 1983) por Contador; Mikel Rueda (Barakaldo, 1980) por Leo; e Isa Sánchez(Málaga, 1977) por No sea tu falta.

Todos eles traballarán colectivamente baixo a supervisión da directora de cine Inés París, co propósito de adaptar os seus textos á gran pantalla. Este laboratorio terá lugar na sede da Fundación SGAE de Madrid. O xurado, presidido por París e composto polos guionistas Clara Botas, Roberto Martín Maiztegui, Salvador Rubio, Francisco Menchón e Beatriz Gómez, delegada de contidos de AtresMedia Cine, seleccionou estes proxectos despois de analizar un total de 160 propostas de desenvolvemento orixinais.

Por último, o VI Laboratorio de Creación de Series de Televisión estará formado polos guionistasBeatriz García (Valencia, 1976), seleccionada polo seu proxecto La fábrica; Emilio López (Palma de Mallorca, 1976) por La loba; Ana Galán (Barakaldo, 1968) por Lauburu (Un cuento oscuro); Manuel Palacios (Madrid, 1961) por Palimpsestos (Huellas de la memoria); Sami Natsheh (Sevilla, 1978) porLas aventuras de Tito y Candela; e José Macías (Sevilla, 1976) e Carla Guimaraes (Brasil, 1975) por¿Por qué desaparecieron los hombres?

Os autores traballarán nos seus guións na sede da Fundación SGAE en Madrid, dirixidos pola guionistaAurora Cañete Guerra. O xurado, presidido por ela mesma e composto polos guionistas Miguel Peidró Zaragoza, Marta Dearriba Azcona e Mercedes Rodrigo López, seleccionou estes seis proxectos dun total de 85 propostas orixinais.

Máis información