XXII Ciclo SGAE de Lecturas Dramatizadas en Santiago de Compostela 30/out/2018
Os textos en lingua galega elixidos son 'Os bólidos do esquecemento', de Julio Fernández (6 de novembro); 'Malcriada. Unha historia de amor', de Esther F. Carrodeguas (8 de novembro); e 'Culpable', de José Prieto (14 de novembro)

Trátase dunha iniciativa do Consello Territorial da SGAE en Galicia para a sede da Fundación SGAE

Fundación SGAE presenta o  XXII Ciclo SGAE de Lecturas Dramatizadas, que terá lugar durante o mes de novembro en seis cidades españolas: Santiago de Compostela, Xixón, Madrid, Zaragoza, Tenerife e As Palmas de Gran Canaria acollerán esta mostra de dramaturxia contemporánea, cuxo obxectivo é incentivar a escrita e lectura de pezas teatrais.

O XXII Ciclo SGAE de Lecturas Dramatizadas ofrecerá en Santiago de Compostela, co impulso do Consello Territorial da SGAE en Galicia, as tres obras elixidas na convocatoria para textos teatrais en galego esta temporada. Así queda a axenda de representacións na sala Germán Coppini da Fundación SGAE, todas de acceso gratuíto:

Martes 6 de novembro

Os bólidos do esquecemento, de Julio Fernández.
Director: Julio Fernández.
Intérpretes: Catuxa Leira, César Goldi, Déborah Vukusic, Machi Salgado e Xosé Manuel Esperante.

Xoves 8 de novembro

Malcriada. Unha historia de amor, de Esther F. Carrodeguas.
Director: Esther F. Carrodeguas.
Intérpretes: Belén Constenla.

Mércores 14 de novembro

Culpable, de José Prieto.
Director: José Prieto.
Intérpretes: César Goldi, Roberto Leal e Victoria Teijeiro.

Tódalas lecturas son de acceso gratuíto e levaranse a cabo coa colaboración da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG). Gustaríanos contar coa túa presenza en tan interesante ocasión; atoparás a información nas imaxes ao final deste boletín.

O Ciclo SGAE de Lecturas Dramatizadas, que organiza a Fundación SGAE dende 1995, ten a singularidade de reunir a autores, intérpretes, directores, produtores e público, na gran maioría das propostas, arredor dunha experiencia única: a estrea dunha obra nunca antes representada e ensaiada ese mesmo día. Ao longo das súas 21 edicións precedentes, o ciclo acolleu máis de 250 textos de máis de 200 autores para un público de máis de 25.000 persoas.