Axuda SGAE á vivenda
O apoio necesario para afrontar o pagamento dunha fianza ou dunha débeda contraída polo non pagamento de ata tres mensualidades (aluguer ou hipoteca), por mor dunha carencia puntual de ingresos

Dende a experiencia do traballo realizado na Área Social e Asistencial e o coñecemento das dificultades de moitos autores para acceder a un hogar ou mantelo, a SGAE e a súa Fundación poñen a disposición dos socios o programa  Axuda SGAE á vivenda. 

Unha liña de soporte económico que responde ás dificultades que afrontan os creadores para acceder á vivenda, por inestabilidade laboral, irregularidade de ingresos, ou por carecer dun contrato de traballo ou dunha nómina estable.

A axuda ofrece ata 3.000€, en caso de fianzas, ou tres mensualidades para cubrir o non pagamento das cotas hipotecarias ou do aluguer.Pódense acoller os autores musicais, audiovisuais ou de artes escénicas que reúnan os requisitos que establecen as normas. 

A Ayuda SGAE á vivenda pódese solicitar online ou por correo postal. Descarga, cubre e envía a túa solicitude a SGAE, Departamento de Socios, Área Social e Asistencial,  rúa Fernando VI, 4, 28004 Madrid.

Para resolver calquera dúbida ou ampliar información, ponte en contacto connosco por correo electrónico: rdavila@sgae.es 

Programas da Área Social e Asistencial en web SGAE