‘Escena en familia’ abre unha nova temporada na Fundación SGAE con Magín Blanco
O espectáculo 'Letras e notas' celebrarase os días 23 e 24 de setembro en Santiago de Compostela

Sede de Fundación SGAE en Santiago de Compostela inaugura o sábado 23 de setembro unha nova temporada de Escena en Familia . O ciclo de artes escénicas para os máis cativos regresa cunha nova proposta de Magín Blanco: Letras e notas . O creador de A nena e o grilo presenta un espectáculo musical no que el mesmo, como único protagonista, interpreta cancións, propón adiviñas e narra contos breves en constante interacción co público. A través do abecedario e da música, Magín Blanco creará un universo particular e moi divertido. Os pases son o sábado 23 (18:00 horas) e odomingo 24 (12:30 horas). O prezo dos billetes é de 5 euros (4 euros con desconto).

O ciclo Escena en Familia, unha iniciativa da Fundación SGAE en Santiago de Compostela, leva en activo dende abril de 2008. As seguintes convocatorias da súa programación neste outono son: Orellas de trapo, da compañía Títeres Brincadeira (días 30 de setembro e 1 de outubro); Caperucita Roja y otros lobos, de Títeres La Estrella (días 7 e 8 de outubro); e, do 14 ao 22 de outubro, funcións diarias dentro da programación do Festival Internacional de TíteresGalicreques.

O Premio SGAE de Teatro Infantil da Fundación SGAE é un apoio no meu camiño no teatro para a infancia e a mocidade

Itziar PascualGañadora do XVI Premio SGAE de Teatro Infantil 2015