Celtia Figueiras representa historias universais o sábado 5 e o domingo 6 de novembro en Santiago de Compostela

A Sede de Fundación SGAE en Santiago de Compostela acolle esta fin de semana Contos outonais, unha iniciativa artística de Celtia Figueiras para toda a familia. Trátase dunha nova oferta do ciclo Escena en familia, activo na sala compostelá dos autores dende 2008. As funcións celebraranse o sábado 5 (18:00 horas) e o domingo 6 (12:30 horas).

Celtia Figueiras ten a experiencia de máis de cincocentas representacións ante o público infantil e familiar, a maioría integrando a compañía galega de monicreques A Xanela do Maxín. Contos outonais nace da teima da autora e actriz por vincular a narración oral coas sucesivas estacións do ano e os seus elementos característicos: este proxecto naceu para propiciar o achegamento dos cativos á natureza e os seus ciclos. Entre monicreques e figuras representativas do outono, Figueiras ofrece contos escollidos con agarimo que trasladan ao público infantil valores como a igualdade, a ecoloxía ou a amizade.

Os seguintes espectáculos do ciclo Escena en familia na sede compostelá da Fundación SGAE en novembro son: Cucú Tastás, de Títeres Cachirulo (días 12 e 13); Blancanieves, de Teatro La Estrella (días 19 e 20); e Cincenta, de Danthea Teatro (días 26 e 27). O prezo básico para cada función é de 5 euros (agás bonificacións).

O Premio SGAE de Teatro Infantil da Fundación SGAE é un apoio no meu camiño no teatro para a infancia e a mocidade

Itziar PascualGañadora do XVI Premio SGAE de Teatro Infantil 2015